Durante unha fin de semana de contrastes meteorolóxicos desenvolveuse a XX Regata Almirante Rodríguez Toubes . O sábado, con saída dende Marín, con vento de proa casi permanente en todo o recorrido, algunha encalmada sobre todo ó remate que impideu finalizalo percorrido a algúns barcos e nublado; o domingo con sol e un vento feble inicial que se foi incrementando ata picos de 24 nos.
En Clásicos Dorna Meca e Belisa, repartírose os triunfos. O barco de José Manuel Cores, venceu o sábado e a embarcación insignia de Amigos da Dorna Meca, con Gerardo Iglesias de patrón, o domingo, co que se proclamou vencedora. Na etapa do domingo hai que resaltar a navegación da Dorna Meca que superou, incluso, a algúns ORC competindo, hai que recordalo, co aparello propio destas embarcacións e reinvindicando así a navegación tradicional. Nin que decir ten que os participantes non se cansaron de eloxiar as cualidades mariñeiras deste barco e o maxisterio dos seus tripulantes.
Os dous barcos encabezan tamén o Campeonato Galego de Clásicos.
A vindeira cita que organiza Agabace será a do Trofeo Agalcari para barcos con vela cangrexa que se celebrará en Cabo de Cruz a principios de xullo.
Pingback: E en Marín… tamén campeóns! – Amigos da Dorna Meca