Fotografia: POLGalicia cc-by-nc-sa
O pasado sábado 29 celebrouse en Cambados a Asamblea Xeral da FGCMF, da que é membro Agabace, na que se elixiu a sede do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, ademáis de outros puntos de interese na orde do día.
Combarro e Cabo da Cruz fixeron unhas magníficas propostas ante a Asamblea, ambas con unha gran calidade e traballo que as respaldaba, trala valoración da Xunta directiva da Federación procedeuse á elección, da que finalmente saiu escollida a Candidatura presentada pola Asociación A Gamela; deste xeito os Encontros volven a Arousa Norte, onde nos reuniremos durante unha ampla fin de semana do verán de 2015 para compartir navegacións e convivencia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.