A pesar do amencer gris do sábado, a climatoloxía ofreceu unha tregua para a celebracion da homenaxe anual a Tito Silva, en Cambados.
Unha ducia de embarcacions tomaron parte desta xuntanza e completaron un percorrido que ia desde o porto de Cambados ata as lobeiras. Fermosas estampas de velas e tipoloxias diversas foron a seña identitaria deste VII Memorial Tito Silva, que con tanta dedicacion e agarimo artella Fernando Pombo e os seus colaboradores.
Unha vez en terra as tripulacions déronse cita no salon peña para o xantar e entrega de agasallos e agradecementos, asi como para darse cita para o vindeiro ano.
Debe estar conectado para enviar un comentario.