O pasado vendes 22 de tullo tuvo lugar a Presentación do Desafío Irmandiña e dos integrantes da tripulación que afrontará o II Rally La Baule-San Vicente, na que interviron o presidente do Náutico de San Vicente, Ulises Bértolo, que explicou aos presentes o programa previsto; Pepe Garrido como tripulante da Irmandiña, que falou das súas emocións e sensacións ante semellante reto e a Directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, que encomiou este tipo de accións tan significativas na promoción da nosa Comunidade e as nosas tradicións.

Pepe Garrido, no centro, durante a sea intervención. Foto: Desmarque.es
Participación no II Rally La Baule – San vicente.
Nas regatas de barcos clásicos con participación internacional na que se poden observar auténticas xoias asinadas polos nomes máis singulares do deseño naval mundial indefectiblemente chaman a atención as dornas galegas. A Dorna Meca, a Irmandiña, a Sara O, a Lavanqueira, aparelladas con vela cangrexa compiten non só coa súa magnífica estampa, senón facendo gala de maniobrabilidade e navegabilidade extraordinarias. A aposta de cruzar o Cantábrico e a costa galega do Atlántico coa Irmandiña para participar na IX Regata das Illas Atlánticas ten, pois, moito de reivindicación e varios obxectivos, entre eles o de dar a coñecer a fermosura e o carácter pescador deste barco propiamente galego. Pero tamén hai que remarcar a tripulación que levará a Irmandiña: un navegante e graduado en bioloxía (Óscar Babé); un médico (Antonio Grandío); un experto en velería (Ramón Albert) e como patrón Pepe Garrido, que non só é un dos propietarios e alma de Astilleros Garrido, que reviviu e recuperou a construción das dornas mecas e, en particular construíu a Irmandiña, senón que ademais é un amante e defensor da navegación clásica e tradicional.
A participación da Irmandiña a mediados de agosto no rally La Baule-San Vicente organizado polo Yacht Club Classique de La Rochelle e Agabace, representa unha nova oportunidade para dar a coñecer a historia da navegación en Galicia, achegando a terras bretoas unha das embarcacións máis representativas da cultura marítima galega, tomando parte nun dos máis importantes eventos europeos de barcos clásicos.
Nova edición da Regata das Illas Atlánticas
No marco do mismo evento presentase a IX Regata dás Illas Atlánticas para barcos clásicos e de época, onde tiveron a súa intervención o presidente do club Náutico San Vicente do Mar, Ulises Bértolo García , o Presidente do ente público, Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos Rico e o delegado de Rede Eléctrica de España en Galicia, Carlos González Patiño que o definiron como o evento para barcos clásicos e de época máis destacado do Atlántico europeo, sinalando as datas do 20 e 21 de agosto como unha magnífica ocasión non só para os navegantes que participarán, senón para os interesados na cultura marítima e os afeccionados aos barcos clásicos e de época xa que terán unha extraordinaria ocasión para contemplar magníficos barcos de moi diversos deseños e varias nacionalidades nun evento que enlaza perfectamente a cultura marítima propia de Galicia coa internacional e convértese nunha magnífica ocasión, como non, para gozar da contorna e da paisaxe de Galicia.

A mesa de intervinientes. Foto: Desmarque.es
Nesta IX edición, a regata seguirá conservando as vimbias cos que foi ideada e creada polo Club Náutico San Vicente, tentando manter e realzar en Galicia a cultura do barco clásico con todas as implicacións culturais, históricas e sociais que leva, tomando parte nela ademais dos barcos denominados Clásicos, tamén os tradicionais.
A regata este ano constará novamente de dúas xornadas de regatas (sábado unha etapa costeira media e domingo unha costeira tamén, pero máis curta), con outra xornada previa o venres 19 de agosto que estará dedicada á recepción, inscrición e medición das embarcacións participantes, e levarán a cabo tamén unha serie de actividades adicionais. As regatas novamente clasificaranse baixo o sistema de hándicap JCH, prestando a Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época (Agabace) a súa asesoría técnica para iso, así como auxiliando na correcta medición e comprobación de certificados dos barcos participantes.
Como nota destacada para esta edición, o presidente do Club, Ulises Bértolo, que finalizou o acto convidando a todos a participar, anunciou como primicia que ademais das clases participantes o ano anterior, como son a clase ONS (barcos máis grandes e rápidos) ; clase SÁLVORA (máis pequenos e lentos) e clase CIES (barcos con aparello de vela Cangreja), nesta ocasión tomará parte tamén a Clase 6Mr e finalizou o acto agradecendo a colaboración prestada polos patrocinadores, Rede Eléctrica de España, El Corte Inglés, Leyma Natura e resto de patrocinadores e administracións intervinientes.
A noticia en:
Debe estar conectado para enviar un comentario.