Seguindo coa nosa actividade de dar a coñecer Agabace e os seus obxectivos, con motivo da presentación aos Clubs Náuticos da regata Almirante Rodríguez Toubes na Escola Naval Militar de Marín o pasado día 15, o noso vicepresidente Luís Tourón Figueroa, pronunciou unha interesante conferencia acerca da historia da navegación de recreo, particularmente a galega. A súa intervención centrouse na importancia da vela clásica iniciando a súa conferencia coa presentación de Agabace e os seus obxectivos. A gran cantidade de documentación histórica e fotográfica atraeu a atención de todos os asistentes que á súa finalización, felicitaron efusivamente ao conferenciante e a Agabace. Coa mesma finalidade de dar a coñecer a nosa asociación, volveranse a celebrar noutros Clubs outras conferencias, sendo a próxima o 5 de maio de 2016 na sede do Club de Regatas Galicia de Vilagarcía.

Foto de familia. foto:Sergio Oubiña
A Regata Almirante Rodríguez Toubes será a primeira cita do Campionato Galego de Clásicos Agabace e, xa desde aquí, facemos un chamamento a todos os armadores para que os próximos 14 e 15 de maio anímense a participar. O seu percorrido será o tradicional, Marín-Vilagarcía e Vilagarcía Marín.
Debe estar conectado para enviar un comentario.