Agabace, na súa idea de unir a todos os clubs do Atlantico nas actividades relacionadas coa vela clásica, realizou unha visita ao Real Club Marítimo de Santander e ao Real Club De Regatas, onde o noso vicepresidente, Luis Tourón, pronunciou recentemente unha conferencia. A súa intervención, que tivo unha grande acollida por parte ambas entidades históricas, e contou coa asistencia, entre outros, de representates do Colegio de Ingenieros Industriales, a Real Sociedad Menéndez Pelayo e Villas del Cantábrico, foi amplamente eloxiada na prensa local santanderina . Esperemos que estes contactos cos nosos veciños cantabros, dean os seus froitos nun futuro proximo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.