fotografías cedidas por Fernando Pombo
Nun día pechado de néboa celebrouse o Memorial Tito Silva de 2015, que, simultaneamente, servía de homenaxe a Luis Rei quen, coma en tantas iniciativas, apoiou tamén a celebración desta proba.
Aínda que o día non semellaba atractivo, acudiren á cita vinte embarcacións, coa maioría procedente do Grove. Pasando un pouco das tres deuse a saída dentro da Enseada de Cambados cun recorrido sinxelo: Arido, Ponte da Illa, Arido e chegada. A regata correuse en tempo real e así resultaren imbatidas Belisa, Irmandiña e Miña Miniña: pleno dos barcos grovenses
A organización ofreceu, a continuación un magnífico ágape servido no Piñeiro da Rúa Isabel II, onde tamén se fixo a entrega de premios, distinguíndose, aparte dos gañadores da proba ao Unicornio pola súa recente restauración.
Esta Regata está a alcanzar uns niveis que lle auguran un espléndido futuro e fan ver a necesidade de apoiala en medios para a súa celebración.
Debe estar conectado para enviar un comentario.