Na modalidade de Patrimonio Cultural, o xurado dos Premios da Cultura de Galicia recoñeceu o traballo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, da que Agabace é membro,que naceu en 1993 co obxectivo de defender, divulgar e dinamizar o patrimonio marítimo de Galicia, sobre todo no que atinxe ás embarcacións tradicionais. Precisamente, desde os seus inicios dedicou un importante traballo á recuperación de embarcacións e tipoloxías tradicionais, á realización de investigacións no eido patrimonial costeiro e marítimo, á realización de regatas e exhibicións conxuntas, e ao fomento do asociacionismo cultural nas vilas e lugares costeiros
Debe estar conectado para enviar un comentario.