Difundimos o o cartel do VI Memorial Tito Silva, regata para Barcos Clásicos e Tradicionais que se celebrará o próximo 26 de setembro. Será, como en anos anteriores, unha magnífica ocasión para navegar pola Ría de Arousa que supon a nosa última cita do calendario previsto para este 2015 e gozaremos, ademais, da magnífica hospitalidade dos organizadores.
Este ano lembrarase, tamén, ao recentemente falecido Luís Rei, que á parte da súa obra literaria e científica, reflectida fundamentalmente en Ardentía e nos seus estudos sobre Ramón Cabanillas, foi un gran divulgador da navegación tradicional apoiando todos os movementos en prol da recuperación e divulgación da cultura marítima. E, notablemente, estivo presente no acto de constitución de Agabace e apoiou, intervindo na nosa Asemblea fundacional, esta iniciativa; supuxo, evidentemente para nós un respaldo extraordinario pola súa traxectoria no mundo da cultura marítima.
Alabamos, polo tanto, a iniciativa dos organizadores deste VI Memorial Tito Silva.
Achegamos ademais este enlace no que se pode descargas a folla de inscrición, que unha vez cumplimentada debe remitirse a fernando@viaxesotero.com
Debe estar conectado para enviar un comentario.