Coa regata Rei Juan Carlos I pechouse o circuito do II Campeonato Galego de Barcos Clásicos Agabace. A embarcación gañadora resultou A Meca da Asociación de Amigos da Dorna Meca de O Grove, gracias á súa extraordinaria actuación tanto na Regata Illas Atlánticas do Club Náutico de San Vicente, como na Regata Rey Juan Carlos I-Máster El Corte Inglés de Sanxenxo.
O circuito do Campeonato Galego de Barcos Clásicos estivo conformado no ano 2015 polas regatas Illas Atlánticas organizada polo Club Náutico de San Vicente, Príncipe de Asturias do Monterreal Club de Iates de Baiona e a Rey Juan Carlos I do Real Club Náutico de Sanxenxo e compútase en función da clasificación xeral en cada unha delas. A victoria d’A Meca , que ademais resultou primeira nas clases específicas de vela cangrexa en San Vicente e en Sanxenxo, nas que correu, hai que resaltala especialmente a carón da pericia do seu patrón, Gerardo Iglesias. Resulta especialmente destacable que resulte gañadora unha embarcación tradicional con vela de relinga, construida nos estaleiros Garrido de O Grove, competindo con barcos deseñados polos mais sobranceiros e famosos arquitectos navales do mundo.
O segundo posto correspondeulle a Belisa, de José Manuel Cores, deseño Illinhworth & Primrose de 1961 e o terceiro ao Acacia de Mauricio Sánchez Bella, un 6 metros Internacional de 1929.
A entrega do trofeo, coa reproducción en bronce de un medio d’A Meca, celebrarase o 21 de agosto de 2016 con motivo da entrega de premios da IX Regata das Illas Atlánticas no Club Náutico de San Vicente do Mar
Pingback: Campeóns en Sanxenxo! | Amigos da Dorna Meca