fotos: Maria Muiña / RCN Sanxenxo / Desmarque.es
A edición de 2015 da Regata Juan Carlos I, Máster El Corte Inglés, supuxo un indubidable impulso para os nosos clásicos. A presencia o rei emérito Juan Carlos I navegando no Acacia, barco de Agabace, no que foi o seu regreso á competición, conlevou unha repercusión mediática impresionante e a divulgación, particularmente, da nosa Asociación e, sobre todo, da existencia dun circuito de clásicos en Galicia. Queremos, en particular, resaltar tres cuestións. A primera o agradecemento ao Real Club Náutico de Sanxenxo por ter apostado por dar tal relevancia aos clásicos. A segunda, unha moi agarimosa felicitación a Mauricio Sánchez-Bella, armador do Acacia. e, por último, destacar desde o punto de vista deportivo a actuación da dorna A Meca, que asombrou a tódolos participantes.
Pingback: Campeóns en Sanxenxo! | Amigos da Dorna Meca