O domingo día 12 de xullo, ás 12 horas, integrada no XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebra este ano en Cabo de Cruz, terá lugar o III Trofeo Agalcari para barcos con vela cangrexa
A organización desta regata correspóndelle a Agabace e ao Club Náutico de Boiro–Marina Cabo de Cruz, no marco dos XII Encontros que este ano dirixe a Asociación Gamela de Cabo de Cruz, e que contan con un amplo e diverso PROGRAMA de Actividades
A participación é libre e de balde tendo que cumplir as embarcacións os seguintes requisitos:
- a) Dispor de aparello de vela cangrexa
- b) Dispor dun certificado de medición JCH
- c) Dispor de seguro
- c) Inscribirse antes do día 10 de xullo de 2015.
A regata celebrarase, sen prexuizo de concretar recorridos, no triángulo formado polo Porto de Cabo de Cruz, illa de Rúa e entrada a Vilagarcía.
O Certificado de medición JCH pódese obter de balde e on-line neste enlace . Calquera dúbida pode ser resolta polos medidores de JCH en Galicia a través do mail agabace@gmail.com .
A Inscrición deberase facer a través do mail drizayescota@gmail.com antes do día 10 de xullo, xuntando copia do Certificado JCH e do seguro.
aquí podes descargar a documentación:
Debe estar conectado para enviar un comentario.