O pasado sábado 20 de setembro, celebrouse en Cambados a quinta edición da Regata de barcos clásicos e tradicionais do Memorial Tito Silva organizada pola familiares do propio Tito Silva coa colaboración da Asociación As Joritas de Cambados e máis da Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época (Agabace). A saída estaba prevista para as 12 da mañán e as previsión metereolóxicas apuntaban que a partir de mediodía, a borrasca dos días previos irría perdendo intensidade deixando un vento do sur que sopraría entre os dazaoito e os vinte nós. A esa hora, na reunión de patróns, acordouse que o trazado da regata sería un percorrido triangular formado entre a baliza do Ourido, a batea de control marítimo situado no Bao da Illa de Arousa e a baliza da Lobeira. En total dúas voltas antes de regresar de novo ao peirao de Cambados. En concondarcia co espíritu da regata, acordouse tamén que non se realizarían ningún tipo de agrupamento de barcos por clase e así, as doce e media da manán, tomaban a saída dende o puntal do porto de Tragobe, máis dunha v intena de embarcacións que formaban unha variada flota de tipoloxías distintas que haberían de competir entre elas en igualdade de condicións.
Texto: Xaquín L. Cuinhas |
Xusto no momento da saída, cesaba a persistente chuvia e como xa anticipara Peman, a partir de mediodía, foronse abrindo pequenos claros no ceo que anticipaban a influencia do anticiclón localizado nas Azores. Nos primeiros metros da regata, quedaba claro que o vento era perfecto para unha regata rápida e vistosa e o trazado en triangulo, obrigaría ás embarcacións a realizar todo tipo maniobras con empopadas pechadas, rumbos de través e ceñidas en bolina para remontar até a Lobeira. Ao virar pola baliza do Ourido xa se formaran dous grupos diferenciados onde os barcos máis rápidos, avanzaban lixeiros en dirección á ponte de Arousa con escasas diferencias entres eles. Por diante a Irmandiña, seguida de perto pola Airexa, a Nova Jorita e o Belisa e un pouco máis atrás, o Rana e a Dorna Sara seguidas polo grupo comandado pola Meca, A Lavanqueira e a Rabandeira. Agas a Irmandiña, que comandaba a regata con algúns metros de vantaxe, o grupo perseguidor chegou proa con proa para virar pola batea de vixiancia nunha axustada maniobra para encarar o vento nunha longa ceñida ate chegar a altura da Lobeira. Para entón, a Irmandiña, o Belisa e o Rana, amosábanse como os barcos máis rápidos na bolina e pouco a pouco, foronse distanciandose do resto da flota nunha competición particular para repatirse entre eles os postos de podio. Ao dobrar de novo pola baliza do Ourido para encarar a segunda volta, o Rana aventaxaba por escasa diferencia ao Belisa e un pouco máis atrás, a Irmandiña ven remontaba no rumbo de través. Na longa empopada até o Bao, de novo semellaba que as tres primeiras embarcacións agruparíanse antes de dobrar a batea de vixiancia para xogarse a regata no rumbo de ceñida. E así foi, co vento de proa, que por momentos sopraba con intensidade, as tres embarcacións apuraron a bolina entre as bateas e o rebastal do Galiñeiro con espectaculares “tumbadas” que obrigaban ás tripulacións a facer banda para correxir a escora provocada por refachos de vento superiores ao vintedous nós. No segundo paso polo Pombeiro, o Rana aventaxa ao Belisa e a Irmandiña cunha diferencia suficiente para encarar a liña de meta situada entre os peiraos de Cambados e San Tomé, cun vento de través que fixo avanzar á flota a todo “fulespín” até a imaxinaria liña de chegada. Para entón, o reloxo superaba as tres da tarde, a hora perfecta para o xantar de todo bó Cambades, que como é sabido, non come nunca antes das trés.
A Irmandiña ofrecendo unha belisima estampa. Foto: Manolo Triñanes
Xa no salón de Peña, os organizadores premian ás tripulación cunhas excelentes viandas a base de empanada, paella de mariscos e caldeirada mariñeira con fideos, acompañadas como non, do viño Albariño que identifica a esta vila cambadesa que agradece a todas as persoas e asociacións que se achegaron até aquí: Asociación Amigos da Dorna Meca, Agabace, Asociación Fasquía da Illa de Arousa, Asociación As Joritas, Clube Mariño Salnés, Asociación A Torre, e otras tantas embarcacións particulares que conformaron unha fermosa flota coa mestura de barcos clásicos e tradicionais. Para finalizar, entrega de premios, agradecemento e camisetas de recordo aos participantes e un emotivo trofeo para a embarcación “Nova Jorita” de Cambados polo seu regreso ao mar. O punto e final o pon Fernando Pombo, patrón da Airexa e sobriño de Tito Silva, que convida a todos os presentes a participar na vindeira edición deste Memorial que se consolida como unha data fixa no calendario de regatas da Ría de Arousa. Noraboa a todos e un dez para o cociñeiro Suso Pombo.
A Nova Jorita, lucindo novo aspecto. Foto: Organización
A Rabandeira tamén participou no evento. Foto: Manolo Triñanes
Clasificación da Regata
1º. Folkboat RANA. (Clube Mariño Salnés- Cambados). Patrón: Xaquin Cuíñas. Na foto.
2º. Belisa.Möica Class. (O Grove). Patrón: José Cores.
3º. A Irmandiña. (Asoc. Amigos da Dorna Meca-O Grobe). Patrón: Xosé Garrido.
Debe estar conectado para enviar un comentario.