CarmenCores recollendo o primeiro premio en Clásicos, para o Belisa, de mans do presidente de Agabace
Jos Van Veen recibindo o trofeo de segundo clasificado de mans do presidente da Federación Galega de Vela
O Belisa de José Manuel Cores fíxose co primeiro posto de clásicos na Regata Príncipe de Asturias coorganizada polo Monte Real Club de Yates de Baiona e a Escola Naval de Marín. Nesta XXIX edición só se puido competir o sábado con condicións iniciais de escaso vento pero que rematou con reachos de 20 nós entre Cabo Home e as illas Estelas. O gran rival do Belisa foi o Jonathan holandés de Joss Van Veen que estivo disposto a a disputarlle o primeiro posto ao barco grovense pero non puido porque na xornada do domingo suspendeuse a competición para clásicos despois de esperalo vento en balde ata ben pasadas as trece horas. Cando empezou a soplar un Suroeste aceptable xa non quedaba tempo para completala etapa e a dirección de regata viuse obrigada a suspender a proba, deixando o trofeo nas mans do Belisa que se convirte no claro favorito para o I Campeonato Galego de Clásicos Agabace.
Jos Van Veen e Luis Tourón na regata Príncipe de Asturias do M.R.C.Y. de Bayona a bordo do magnífico Sparkman&Stephens de 18 metros JHONATAN, construido en Dinamarca por Molich en 1962. 2º clasificado en CLÁSICOS
Debe estar conectado para enviar un comentario.