O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia é a actividade máis destacada que organiza a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF). Desde 1993, cada dous anos reúnense nunha vila mariñeira galega embarcacións tradicionais e tripulacións chegadas desde toda Galicia como de Portugal, Irlanda, Francia, País Vasco, Cataluña, Andalucía, Levante ou Illas Baleares, así como particulares e institucións de interese cultural e patrimonial, para celebrar unha gran reunión festiva, de exhibición e reivindicación do patrimonio marítimo e fluvial. Ao redor da concentración de embarcacións tradicionais e as súas navegacións, realízanse numerosas actividades como son as mostras de oficios artesanais relacionados co mar, exposicións, teatro e escenificacións nas rúas, actividades musicais, xornadas técnicas, a ambientación da vila que acolle o Encontro, etc.
Staffan Morling á caña da Meca. III Encontro, O Grove 1997
A Asociación A Gamela, de Cabo da Cruz, e a Asciacion A Reiboa, de Combarro, optan con cadanseu proxecto a ser que acolla a preto de 200 embarcacions e mais de 600 tripulantes o vindeiro verán. Combarro acolleu a V edición en 2001, mentras que Cabo da Cruz seria a primera ocasion que organiza este evento.
Illa das Ghoritas, Cambados 2005
Porto de Curuxeiras, Ferrol 2007
Desde o verán de 1993 no que se reuniran en Ribeira unhas decenas de embarcacións tradicionais moito ten cambiado, aumentou o número de barcos, de tripulantes e a magnitude deste movemento que traballa pola recuperación e divulgación das tradicións e a cultura mariñeiras. Ribeira 1993, Coruxo 1995, O Grove 1997, Rianxo 1999, Combarro 2001, Illa de Arousa 2003, Cambados 2005, Ferrol 2007, Muros 2009, Carril 2011, O Freixo 2013… e agora toca decidir que porto acollerá a Gran Festa do Patrimonio Marítimo en 2015.
Agardando para sair a velear, Muros 2009
Diversas velas e tipoloxias, Carril 2011
Sábado de navegación, O Freixo 2013
A FGCMF ven de convocar unha Asamblea Xeral para o vindeiro dia 29 de marzo, na que as asociacións que a conforman, presentes ou representadas, terán que elexir mediante votación cal será finalmente a candidatura á que se lle outorgue a sede do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
A noticia na prensa:
Faro de Vigo (Ed. Arousa) | La Voz de Galicia | Diario de Pontevedra
Para saber máis sobre os Encontros:
Debe estar conectado para enviar un comentario.