Na Asamblea Xeral Extraordinaria do pasado día 8 procedeuse a elección da nova Xunta Directiva que queda composta polas seguintes persoas e cargos:
Presidente, X.Avelino Ochoa
Vicepresidente, Luis Tourón Figueroa
Secretario, José Manuel Cores
Tesoureiro, Lino Prieto Prol
Vocais: Fabián Garrido, Enrique Barreiro, Santiago Tomé, Ñaco Eraso e Alfredo Lagos.
O primeiro acordo adoptado foi o de organizar o traball en tres Comités: Técnico, Deportivo e de Novas Tecnoloxías.
Esta Xunta Directiva propúxose como principio o estar permanentemente aberta as suxerencias dos socios e xa desde esta primeira comunicación, interesa a vosa colaboración activa.
Os diferentes comités creados, fican conformados do seguinte xeito:
Técnico-Formativo: Integrado por Alfredo Lagos, Ignacio Eraso,Luis Tourón y Fabián Garrido
1. As funcións de seu son
A) Clasificalos barcos conforme aos criterios estatutarios
B) Realizar medicións para o Sistema JCH
C) Asesorar para a restauración, mellora e optimización dos barcos actuais dos socios, tanto desde un punto de vista estético como técnico
D) E a tal efecto programar de xeito regular seminarios sobre técnicas de restauración, adquisición de materiais especiais, optimización de aparellos e velas, e actividades, en xeral, dirixidas a melloralo nivel da flota e a ampliación da mesma
E) Asesorar técnicamente en novos proxectos de adquisición, restauración, construcción ou recuperación de barcos
F) Organizar conferencias, cursos, mesas redondas, exposicións relacionadas coa historia e a cultura do barco clásico e de época e as súas actividades actuais.
G) Promocionalo JCH como sistema de hándicap nas nosas regatas e a asistencia técnica en tódalas dúbidas que xurdan na súa tramitación inicial e as posibles modificacións posteriores así como un control periódico e aleatorio dos barcos da Asociación
H) Resolver cantas peticións ou recursos se formulen en relación cos cometidos de seu.
2. Deportivo: Integrado por Enrique Barreiro, José Manuel Cores, Avelino Ochoa, Santiago Tomé e Lino Prieto. As súas función serían:
A) Relacionarse cos Clubs organizadores de eventos náuticos dirixidos aos barcos clásicos e de época
B) Organizar eventos náuticos, por si ou en colaboración con terceiros.
C) Crear nas regatas de maior relieve premios á restauración e ambientación dos barcos como recoñecemento ao esforzo dos armadores ou outros alicientes para a mellora continua dos barcos.
3. Novas tecnoloxías. Integrado por Lino Prieto, Fabián Garrido, Santiago Tomé e Enrique Barreiro. As súas función serían:
A) Deseñar e manter ao día una páxina web
B) Crear e manter na web una ficha actualizable dos barcos convidando aos armadores a notificalos cambios realizados
C) Divulgar productos, programas, recursos, métodos de utilidade para os barcos asociados
D) Manter unha base de datos actualizada que permita coñecer as posibilidades que ofrece o mercado en función dos distintos orzamentos