Hemos recibido la siguiente comunicación de la FGCMF:
Non vos esquecer que estades convocados a unha reunión para o día, venres 21 de Xuño de 2013 as 20 horas. Nesta reunión, daremos ampla información sobre o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a celebrar no Freixo Concello de Outes. Aproveitaremos a ocasión, para facer a presentación oficial do Ardentía Nº 7
A convocatoria vai dirixida a todas as asociacións, patróns de embarcacións e tripulacións, o lugar será na antiga Fabrica de Peña en Cambados, a 50 metros da antiga sede da Federación, todos aqueles que queiran ter información sobre o encontro de primeira man poden acudir.
Pregamos a todos os que recibides os correos, que lle fagades chegar este comunicado a todos os convocados.
A XD.
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial
Apartado de correos nº 38
36630 Cambados
00 34 986 524 845
http://www.culturamaritima.org