Estimadas compañeiras e compañeiros:
Estamos facendo un esforzo para conseguir que o HIDRIA II volte para Galicia. Podedes atopar máis información na web da FGCMF http://www.culturamaritima.org e na plataforma Lánzanos.com Trátase de conseguir 6.000€ para sufragar os gastos do retorno do HIDRIA II.
Para os que teñen problemas técnicos para apoiar economicamente a volta do Hidria a Galicia a través de Lánzanos.com, a FGCMF abre a posibilidade de facelo a través dunha conta bancaria.
Quen o desexe pode ingresar o seu donativo na conta 2080 5414 61 3040112023 facendo constar o seu nome e no concepto «Apoio Hidria», e logo enviar un correo electrónico a fgcmf@culturamaritima.org confirmando o ingreso para así ter un medio de contacto con esa persoa.
A FGCMF comprométese a transferir os ingresos a través de lánzanos.com ao Hidria, e caso de que non se acadasen os 6000 euros a devolver eses ingresos aos doadores. Por suposto os ingresos constarán a nome dos doadores excepto que a persoa indique explicitamente o contrario.
Neste momento hai recadados 1370 euros en lanzanos.com, o 22% dos 6000 precisos para traer de volta o Hidria a Galicia, e restan 48 días para acadar a cifra total.
Por favor difundide este correo.
Grazas

Hidria II