A Directiva da FGCMF convoca a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación para o Sábado 16 de Marzo do 2013 as 17:00 en primeira convocatoria e ás 17:30 Horas en segunda convocatoria, na súa en Castrelo de Cambados, para tratar a seguinte:
Orden do Día:
1º.- Lectura e aprobación, si procede, da acta anterior
2º.- Informe e aprobación se procede das contas do exercicio 2012
3º.- Informe das xestións da XD
4º.- Orzamento e aprobación se procede para o ano 2013
5º.- Informe da marcha das xestións do XI Encontro a celebrar no Freixo
6º:- RC e Cartón de Navegante.
7º.- Guía orientadora das taxas de aluguer de barcos, exposicións e conferencias.
8º.- Rogos e preguntas
Para os que non o saibades, a sede nova da Federación esta en Baltar-Castrelo de Cambados. Dende Cambados hai que coller a estrada PO-550 dirección Dena o Grove uns tres Km; despois de pasar a ponte do Rio Umia e pasar as curvas, na metade da reta atopase a esquerda o Bar Cafetería Casarello. Uns metros mais adiante hai que meterse pola primeira entrada a esquerda (moi estreita; diante hai un contedor amarelo). A a sede vese dende a estrada. É unha casa de baixo e piso que destaca pola sua cor rosa.
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial
Apartado de correos nº 38
36630 Cambados
00 34 986 524 845
http://www.culturamaritima.org