A través de la FGCMF recibimos esta invitación, que hacemos extensiva a todos los socios de Agabace:
O CETMAR ten o pracer de invitarlle á presentación de resultados do proxecto WOOBTA “Wooden Boatbuilding Training Association”, que terá lugar o martes 10 de Xulio de 10:00 a 13:00 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.
Se realizará unha visita guiada á sala do Mar, na que se presentarán as maquetas de embarcacións tradicionais de Bretaña, Cornualles, Suecia e Galicia construidas polos alumnos do Centro de formación A Aixola. Posteriormente se realizará unha exposición do estudio “A formación en carpintería de ribeira en España, Francia, Suecia e Reino Unido”, seguida dun debate.
A asistencia á xornada é gratuita. Contaremos con traducción simultánea galego-inglés para a presentación do estudio e debate.
Prégase confirmación de asistencia, dado que o espazo é limitado:
Contacto e información: woobta@cetmar.org 986 838 033
Agradecemos a difusión desta información entre os membros da FGCMF.
Contamos coa participación de todos os socios do proxecto, así coma Entidades asociadas ao mesmo:
SOCIOS DE WOOBTA: Centro de formación A Aixola (Marín, España); Ateliers de l’Enfer (Douarnenez, Francia); Falmouth Marine School (Falmouth, UK); Skeppholmens Folkhögscola (Estocolmo, Suecia).
ENTIDADES ASOCIADAS: AGALCARI – Asociación Galega de Carpinterías de ribeira (Boiro, España); Consellería do Medio Rural e do Mar (Santiago, España); Mutua dos Pescadores (Lisboa, Portugal).
Un saúdo cordial,
Enrique Otero Barberena
Coordinador de formación «A Aixola»
eotero@cetmar.org