Hemos recibido el comunicado de aquí abajo, de la FGCMF. Si algún socio de AGABACE está interesado en participar, por favor póngase en contacto con Noelia Jueguen, en la oficina de la Federación.
Estimadas Asociacións:
Con data 20 de Marzo mandamos un correo a colectivos con información sobre o ARCU ATLÁNTICO, onde informábamos do noso 1º Compromiso. Ese compromiso ten unha variante importante nas datas, que xa lles comunicamos ás asociacións que se comprometeron a participar, tratase de que van inaugurar o evento o día 25 de Xullo ás 18 horas e pídennos que esteamos no punto de inauguración (que non é cerca de onde amarremos), listos para izar velas.
2º Compromiso:
Os organizadores do «Arcu Atlatico» de Xixón, solicítannos, (á federación FGCMF) que ampliemos o primeiro acordo e levemos máis barcos. As condicións para esta segunda tanda son as mesmas, resumo cada barco dous tripulantes. A mellor opción de desprazamento é:
1º Un barco con dous tripulantes que saiban navegar a vela (sendo posible, recomendamos levar un pequeno motor auxiliar por si fose necesario) e que foran polos seus medios, é dicir, transportar o barco nun remolque, se pagaría o kilometraxe máis peaxes. No caso de levar barcos grandes podemos falar de camións.
2º Chegar a Xixón o día 25 de Xullo ao medio día (canto antes mellor) para que de tempo a botar o barco ao mar, arranchar e levar o barco á zona da inauguración para o izado de velas as 18 horas.
3º A organización invítanos a almorzo, comida e durmir, (non está incluída a cea) en albergue ou en campin pero en bungalos, recomendase levar saco de durmir ou etc.
4º A volta sería o domingo 29 pola tarde, despois da navegación da maña e de comer poderíase recoller e vir de volta, eles din que canto mais á tardiña mellor. No caso de barcos transportados en camión, pode ser necesario cargar o luns.
5º O compromiso dos participantes é coma sempre cumprir cas navegacións programadas e coordinadas conxuntamente cun coordinador da FGCMF, botar unha man no que puidese ser necesario e etc etc
Eles están moi interesados nos botes de Ribadeo. Pero outras tipoloxías tamén son ben recibidas. Aconsellamos ás asociacións que poidan participar, que tomen a decisión canto máis pronto mellor, porque os que primeiro se apunten serán os que vaian.
Xunta Directiva
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial
Apartado de correos nº 38
36630 Cambados
00 34 986 524 845
http://www.culturamaritima.org