Clásicos Galegos

Nesta páxina damos especial cabida a aquelas embarcacións deseñadas e construidas específicamente como embarcacións de lecer en base ás embarcacións tradicionais de traballo galegas, como dornas, gamelas, racús, botes, bucetas, galeóns, etc.

En outros paises e rexións este tipo de desenvolvimento dase con forza xa dende fai moitos anos, mentres que en Galicia e aínda case que incipiente, dándose meritorios casos illados e esporádicos (alén do uso para lecer das embarcacións tradicionais, é claro). Esperamos que esta iniciativa serva como acicate para que surxan moitos mais interesados en seguir este camiño e deseñar e construir as súas embarcacións nas carpinterías de ribeira de Galicia.

Para iniciar propomos as embarcacións que, no noso coñecimento foran as precursoras do movimento.

As “Dornas Nai”

As embarcacións conocidas xenéricamente hoxe en día como “Dornas Nai” foron unha interesantísima experiencia que tivo lugar nos anos 50 e 60 para adaptar as embarcacións tradicionais galegas ao uso de lecer, neste caso as dornas xeiteiras, cuxo impulsor foi o dentista Vilagarciano D. Luis Carús quen deseñou e mandou construir a”Dorna Nai”, á que dotou dun aparello de carangeixa.

Carús era un namorado da mar e adicáballe case que todo o seu tempo libre a súa Dorna. Vivía onde hoxe é a Avenida da Mariña, por aquel entón o areal de Santa Lucía.

A idea tivo éxito e cedo formouse unha frota relativamente importante que regateaba con frecuencia. Inicialmente as dornas deste tipo, que por extensión chaméronse “dornas nai”, eran abertas (como se ve na primeira imaxe) e posteriormente engadíuselles unha pequena caseta, de variado deseño.

A tripulación das dornas a compuñan habitualmente 3 persoas. Un patrón -que adoitaba ser o dono da dorna- un mariñeiro do pobo que, como din no “O Faiado da Memoria” era o que sabía de ventos e manobras, e un proel, que adoitaba ser un rapaz máis novo e que se ocupaba da escota do foque e de axudar a poñer o tangón nas empopadas.

Aquí un par de fotografías de “dornas nai” regateando:

Incluso podense ver unhas imáxens e unha película duna de tais regatas nos anos cincuenta, grabadas polo fotógrafo vilagarciáno Leal Soto. Forman parte do ArquivoSocial da Memoria de Vilagarcía.

No “Blog de Arlillo” podese encontrar unha moi interesante información adicional sobre estas dornas.

A Dorna Nai Nº 9

Unha dorna Nai en activo:

Fondeada no Monte Real Club de Yates atópase esta linda dorna Nai que ainda navega nas augas das Rías.

A Dorna Sara

A iniciativa das Dornas Nai foise diluindo e as unidades dispersándose co pasar do tempo. Moitas perderanse de xeito irrecuperable.

Nunha iniciativa que é de loar, o advogado Grovense Avelino Ochoa, hoxe Secretario da nosa Asociación, encargou aos estaleiros Hijos de J. Garrido, do Grove, a construción dunha embarcación de lecer inspirada nas dornas de tope. O estaleiro encargou o deseño ao enxeñeiro naval vigués Íñigo Echenique, e a Dorna Sara construíuse nos anos 2008 e 2009.

É unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. No seu Blog pódese encontar abundante información sobre esta remarcable embarcación :  dornasara.blogspot.com

 Dorna Polbeira “Manuela” 1916

Por sua singularidade e importancia incluímola eiquí, aínda que non podemos considerala propiamemte unha embarcación Clásica ou de Época según a nosa definición, pois foi concebida como embarcación de traballo, non de lecer, e a súa restauración e conservación procuran mantenela o más fiel posible ao seu estado orixinal.

Foi construida por un carpinteiro de ribeira (sen localizar), da ría de Arousa, en 1916.

O seu primeiro destiño verificado é Porto Meloso (O Grove), en torno ao ano 1940, onde se adicábase á pesca de baixura; é adquirida alí e pasa ao Porto de “As Corbaceiras” de Pontevedra, dependente do Gremio de Mareantes de Pontevedra. Neste porto adicase ao mesmo fin, primeiro profesionalmente y despois para ratos de ocio.

A propulsión inicial dende a súa construcción descoñecese, pero é imaxinable que no inicio fose aparellada para vela e remo, pasando posteriormente a motor e remo, seguindo a traxectoria de todalas dornas de época,  coa introducción dos motores.

En Novembro de 2010 sufre fortes danos pola climatoloxía e foi adquirida polo seu actual propietario, quen a repara e prepara para a navegación a vela, valiéndose dos coñecementos do Carpintero de Ribeira Carlos Lores e os seus fillos Carlos e Victor (Combarro-Poio) quenes, ainda que non especializados na específica construcción das Dornas, conseguen sacala adiante.

Conserva amarre histórico e testimonial na dársena do Porto de A Moureira, onde é a embarcación decana e el último vestixio da relación comercial que tivieron aas dornas con éste porto (vindas dende Ons, para a venta do marisco).

O seu armador actual é socio fundador da Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época (AGABACE), e membro do Clube Marítimo “A Reiboa” de Poio.

Participou nas Concentracións de Embarcacións Tradicionais de Vila do Conde (Xunio – 2011), Encontros de Embarcaciones Tradicionais da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial de Carril 2011, San Vicente de O Grove (Agosto 2011), Encontros de Combarro (Agosto 2011) e 2012.

Forma parte da exposición fotográfica do Patrimonio Marítimo do fondo da Ría de Pontevedra e porto da Moureira; e participou na grabación de varios reportaxes da TVG e TVE sobre a difusión da dorna e os seus tripulantes.

(Continuará. Iránse engadindo barcos e historias pouco a pouco)